VI Semana Universitaria da Economía Social 2025

A Rede Enuies (da que forma parte o CECOOP), de CIRIEC-España, organiza a 6ª Semana Universitaria da Economía Social (SUES), do 24 de marzo ao 2 de abril do 2025, despois do éxito das primeiras edicións nas que participaron máis de 5.000 persoas en 150 actividades.

Este ano, para presentar propostas de actividades á rede, o prazo acaba o 4 de marzo. Se alguén está interesado en propoñer algunha nas universidades galegas, pódeno facer, a través do CECOOP, ata o 28 de febreiro a través do correo .

O Centro de Estudos Cooperativos de Galicia (CECOOP) participou organizando actividades en todas as semanas universitarias da Economía Social desde o comezo das mesmas. Son xa cinco edicións nas que durante 7-10 días organízanse un conxunto de actividades para visibilizar a Economía Social entre os estudantes das universidades españolas nun amplío abanico de formatos: conferencias, exposicións, talleres e, mesmo, dedicando as clases de materias de graos e master para profundar sobre as distintas familias da Economía Social.

No ano 2025 a VI SUES celebrarase entre o 24 de marzo e o 2 de abril e, desde o CECOOP, animamos ao profesorado das universidades galegas a sumarse a esta iniciativa.

Na edición anterior, na USC participaron unha ducia de profesores nas actividades na aula que xunto co acto central, no que estiveron presentes representantes da Xunta de Galicia e do sector, fixeron chegar a uns 500 estudantes que é a Economía Social. Ademais no hall e os corredores da Facultade de CC. Económicas e Empresariais, ao longo de toda a semana, estivo exposta a mostra “A Economía Social no corazón da nosa historia”, promovida por Foroesgal co apoio da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.