Investigadores do CECOOP participaron no “Congreso Nacional sobre fomento de la Economía Social: instrumentos fiscales y de políticas públicas” organizado por CIRIEC-España en Valencia os días 26 y 27 de setembro de 2024

O congreso organizouse con motivo da capitalidade da Economía Social que este ano recaeu en Valencia, despois das protagonizadas por San Sebastián, Santiago de Compostela e Teruel.

Os temas tratados no mesmo viraron ao redor da administración pública e a Economía social, como aliados para unha prosperidade inclusiva.

No congreso participaron varios investigadores do CECOOP tanto cun relatorio sobre políticas públicas, como en temas relacionados co tratamento fiscal nas cooperativas, os contratos reservados ou o tratamento do xénero na asignación nos Fondos Next Generation UE. No congreso tamén participou a Directora Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia, Marta Mariño Regueiro.

No Congreso os investigadores do CECOOP presentaron os seguintes traballos:

Relatorio: “Segunda estrategia gallega de Economía Social. Horizonte 2027”. Maite Cancelo e María Bastida.

Comunicación: “Tributación efectiva de las Coopertivas en el Impuesto sobre Sociedades: evaluación y cuantificación de los beneficios fiscales (como punto de partida para su reforma)”. Miguel Ángel Vázquez Taín, Alberto Vaquero García, María Bastida e Maite Cancelo.

Comunicación: “La contratación reservada como instrumento para el impulso de los objetivos sociales de las entidades de la Economía Social en Galicia: 2016-2023”. Maite Cancelo, Rosario Díaz-Vázquez, Pilar Expósito-Díaz y Emilia Vázquez-Rozas.

Comunicación: “La ceguera de género en los Fondos ‘Next Generation EU’: El PERTE de Economía Social como excepción a la norma”. María Bastida, Miguel A. Vázquez Taín, Alberto Vaquero, M.L. del Rio.