Novas

ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA UN PROGRAMA DE FOMENTO DO EMPRENDEMENTO EN COOPERATIVAS NO MARCO DO PROXECTO ES-FACTORY

Como parte das actividades do proxecto ES-FACTORY, a Universidade de Santiago de Compostela (USC) pon en marcha un programa de impulso á creación de cooperativas. Trátase dun programa gratuíto, dirixido a persoas interesadas en adquirir competencias en xestión empresarial cooperativa, a través de formación e acompañamento personalizado.
O programa componse de dúas xornadas presenciais e 16 horas de formación (en formato presencial e en liña), co obxectivo de formar e agrupar persoas arredor de ideas de negocio viables.

Ler máis

VI Semana Universitaria da Economía Social 2025

A Rede Enuies (da que forma parte o CECOOP), de CIRIEC-España, organiza a 6ª Semana Universitaria da Economía Social (SUES), do 24 de marzo ao 2 de abril do 2025, despois do éxito das primeiras edicións nas que participaron máis de 5.000 persoas en 150 actividades. Este ano, para presentar propostas de actividades á rede, o prazo acaba o 4 de marzo. Se alguén está interesado en propoñer algunha nas universidades galegas, pódeno facer, a través do CECOOP, ata o 28 de febreiro a través do correo .

Ler máis

Investigadores do CECOOP participaron no “Congreso Nacional sobre fomento de la Economía Social: instrumentos fiscales y de políticas públicas” organizado por CIRIEC-España en Valencia os días 26 y 27 de setembro de 2024

O congreso organizouse con motivo da capitalidade da Economía Social que este ano recaeu en Valencia, despois das protagonizadas por San Sebastián, Santiago de Compostela e Teruel. Os temas tratados no mesmo viraron ao redor da administración pública e a Economía social, como aliados para unha prosperidade inclusiva. No congreso participaron varios investigadores do CECOOP tanto cun relatorio sobre políticas públicas, como en temas relacionados co tratamento fiscal nas cooperativas, os contratos reservados ou o tratamento do xénero na asignación nos Fondos Next Generation UE. No congreso tamén participou a Directora Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia, Marta Mariño Regueiro.

Ler máis

La formación como motor de atracción y retención de talento en las cooperativas gallegas: una ventaja competitiva en el contexto de la Economía Social

As investigadoras do CECOOP, María Bastida e Ana Olveira publicaron este artigo en Revista Cuadernos del Mercado de Trabajo do Ministerio de Traballo e Economía Social no que se identifican como a influencia da formación é máis significativa nas mulleres e, particularmente, en contornas rurais, e que dita formación non só é un elemento motivador

Ler máis