ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA UN PROGRAMA DE FOMENTO DO EMPRENDEMENTO EN COOPERATIVAS NO MARCO DO PROXECTO ES-FACTORY

A inscrición está aberta a calquera persoa residente en Galicia ou no Norte de Portugal. Procurarase combinar participantes que xa conten cunha idea emprendedora con outras que busquen atopar outras persoas coas que poder emprender.

O prazo de inscrición remata o 30 de outubro e pode realizarse a través do formulario en liña que se atopa en: https://espazo.coop/es/espazocoop/acelera-tu-proyecto-cooperativo-con-es-factory-espazocoop-impulsa/

Para máis información, pódese consultar a documentación adxunta.

O proxecto de cooperación interrexional ES-FACTORY, no que se enmarca este programa de fomento do cooperativismo, conta coa participación de diversos socios da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal, comprometidos coa promoción da economía social. Entre eles atópanse a Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela (USC), a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA), a Unión de Cooperativas EspazoCoop, a Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (UTAD), a Associação Centro de Incubação Base Tecnológica do Minho (ACIBTM) e a Associação Universidade-Empresa para o Desenvolvimento (TecMinho). Ademais, participa como socio non financiado a Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia (AESGAL).

O obxectivo principal deste consorcio é impulsar e consolidar emprego de calidade en novas actividades emerxentes no territorio transfronteirizo de Galicia e o Norte de Portugal, mediante o fomento da economía social. O proxecto busca detectar novas oportunidades de negocio que favorezan a retención e atracción de talento emprendedor, promovendo a creación dunha economía social sostible e competitiva.

Para calquera dúbida ou consulta, pódese contactar a través de:

📧

📱 687 333 709

IG @economia_social_usc

Cargador Cargando...
Logotipo de EAD ¿Tarda demasiado?

Recargar Recargar el documento
| Abrir Abrir en una nueva pestaña